^ TOP BACK
Vinaora Nivo SliderVinaora Nivo SliderVinaora Nivo SliderVinaora Nivo SliderVinaora Nivo SliderVinaora Nivo SliderVinaora Nivo SliderVinaora Nivo Slider
SUAREZ Y CARRERA VENCEN CLARAMENTE EN ARZUA.
TÄNAK ESTRENA SU CASILLERO DE VICTORIAS EN CERDEÑA.
CRISTIAN GARCIA Y REBECA LISO SE ADJUDICAN OURENSE.
DAVID CORTES Y RUBEN SOTO GANAN LA SUZUKI EN OURENSE.
VICTOR SENRA Y DAVID VAZQUEZ SIGUEN DOMINANDO EL GALLEGO DE ASFALTO.
LISTA REPITE VICTORIA EN LA TOP TEN.
SOUTO Y VAZQUEZ SE LLEVAN EL VOLANTE FGA.
"TOÑITO" LOPEZ LENCE SE LLEVA LA AMF.

@Contraelcrono

Calendario

Last month June 2017 Next month
M T W T F S S
week 22 1 2 3 4
week 23 5 6 7 8 9 10 11
week 24 12 13 14 15 16 17 18
week 25 19 20 21 22 23 24 25
week 26 26 27 28 29 30

Proximas Citas

No events

Dominio dos Yacarcross en Arteixo copando as cinco primeiras posicións en Car Cross

O pasado sábado disputábase a quinta proba do Campionato de Galicia de Autocross no circuíto José Ramón Losada de Arteixo, onde os Yacarcross dominaron claramente a final adxudicándose as cinco primeiras posicións. Na categoría de Car Cross, 14 dos 33 inscritos eran pilotos que participaban cun Yacarcross, con Javier Ramilo facendo o mellor tempo nos adestramentos. Juan Vilariño gañaba a primeira semifinal seguido por Javier Ramilo mentres na terceira as tres primeiras posicións recaían en Iván Piña, Óscar Palomo e Darío Calviño, todos con Yacarcross.

Arteixo-IvanPinha

Xa na final, clara superioridade de Iván Piña, que viña de gañar a proba do Nacional en Mollerussa e se adxudicaba a súa primeira vitoria en Galicia, pois tampouco conseguira ningunha nas citas do Campionato de España na nosa comunidade autónoma. O podio completábano outros dous Yacarcross, con Óscar Palomo na segunda praza e Javier Ramilo na terceira, pero seguidos por Juan Vilariño e Darío Calviño, ambos con Yacarcross mentres que a sétima posición correspondíalle a Dani Mariño, completando así unha excelente carreira para os Car Cross de Yacar Racing.

No que respecta á categoría dos Turismos Supercrosscar e 4x4, onde participaban Perfecto Calviño co Ford Festa Proto e Mario Lorenzo co Seat 600 Proto. Calviño gañaba a semifinal e a final, adxudicándose unha vitoria máis na seu palmarés mentres Lorenzo finalizaba en sexta posición.

descripcion
Cursos Online